Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

VELLO OBXECTIVO

VELLO OBXECTIVO

 

 

 

Queren acabar con todo o público no que eles non estean mamando. O destrozo das pensións públicas e unha consecuencia da súa política, pero tamén un obxectivo. A destrución de emprego estable e de calidade ten como unha consecuencia mais que a caixa das pensións teña cada vez menos ingresos, de xeito que será difícil   pra garanti-lo futuro do sistema. A solución peperra é eleva-la idade de xubilación os 67 anos, pero isto no supón que os ingresos aumenten, senón que os gastos diminúan. Moitos non chegaran en activo a idade  de xubilación, outros   nin sequera chegaran. Mentres que en países da nosa entorna a xubilación é os 62 anos, en Españistán súbema a 67, idade na que moitos traballadores, de chegar, estarán nunha situación penosa. O empobrecemento dos xubilados é un feito, pero tamén se beneficia ós seguros privados, forzando a contratación e garatíndolles un menor período de pago das prestacións. O que non coñece é o límite ás burradas, que haberá quen as crea, a guapa Ministra de Traballo, sen sonroxarse, dixo que grazas a súa reforma as pensión subirían tódolos anos, gobernara quen gobernara. Ten cara a señora despois de cargarse o pacto de Toledo. O PP sabe que ten un bo caladoiro na ignorancia, así que non ten reparo en mallar nos xubilados.

 

0 comentarios