DESPOIS DA CAIXA DOS MISTOS
Dende que se inventara a caixa dos mistos, non se fixera un descubrimento tan importante. Un informe da policía relaciona as doazóns ó PP con concesión de contratos de gobernos do PP. Tal descubrimento motivou o cese do xefe do equipo que investigaba a trama Gürtel; a este foron sucedendo os ceses dos que investigaban asuntos de corrupción do PP. Na Axencia Tributaria tamén houbo unha cascada de ceses dende que o PP tomou o poder, que se viñeron dando a medida que investigaban asuntos relacionados co PP e os seu amigos. O pobo traballador derréano a impostos, mentres empresas, banqueiros, airexa e políticos viven nun paraíso fiscal e son intocables. Vamos, unha mafia
0 comentarios