ABURRIDO
Felipe González vaise do Consello de Gas Natural porque se aburre. Que mal está o país cando alguén se vai dun consello, porque se aburre de gañar pasta. Iso ten que se-la hostia nun pais de fame, de desemprego e pobreza. Tamén se aburría de non facer nada; unha figura decorativa, a que se lle paga por favores recibidos, que cando asiste ós consellos, nin sequera abre a boca. Os consumidores das enerxéticas son os que pagan estes raros empregos. Empregos nos que seguen un feixe de expolíticos, ós que encabeza Aznar, un señor que debe ser tan listo que está nos consellos de varias empresas. El non se aburre de gañar cartos.
0 comentarios