Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

AGARDANOS UNHA NOITE

AGARDANOS UNHA NOITE

 

 

“A diferenza do acontecido en Madrid, onde a privatización da xestión hospitalaria se fixo en bloque, "a peito descuberto", a Xunta optou por "un sutil goteo moito máis difícil de percibir pola cidadanía”. Parece, aínda que non me fío, porque hai moitos intereses  en xogo, que Madrid deu marcha atrás na privatiización da sanidade. Iso demostraíamonos a utilidade da loita. Alberto Núñez Feijóo  non ten unha oposición tan organizada, e ademais de mentir, dicindo: que  nunca poñerá en mans privadas a asistencia sanitaria en si. Pero na lista da xestión das áreas das que se foi desprendendo o Sergas durante os seus gobernos inclúense a construción do hospital de Vigo, as ampliacións dos complexos hospitalarios de Ourense e do Salnés, a central telefónica de chamadas de cita previa, a alta tecnoloxía diagnóstica e terapéutica, o mantemento dos equipos, a plataforma loxística de medicamentos, o arquivo de historias clínicas, a atención dos accidentados leves de tráfico, as telecomunicacións,ou a esterilización., de momento.
"Privatizouse case todo como quen non quere a cousa; queda o persoal sanitario aínda que o están a tentar a través do modelo que propuxeron de unidades de xestión clínica co que a Consellería busca un silencio cómplice dos médicos ao seu intento privatizador", sostén a radióloga e membro da Asociación en Defensa dá Sanidade Pública, Luisa Lores. Para ela, a guinda ao desmantelamento "calado pero constante" da sanidade pública galega é a "entrega a multinacionais e fondos de investimento da xestión da información" do Sergas (historia clínica, receita electrónica, teléfonos informativos e cita previa) e a investigación, docencia e ensaios clínicos. "Teñen acceso a todos nosos dato”

 

 

0 comentarios