EN COMPETICION
Os concelleiros peperros de Santiago están en competición pra ver quen é o mais corrupto. De momento van en cabeza Adrián Varela, Espadas e Paula Prado. Claro esta clasificación sería según POKEMON. Pero calquera que sexa o camiño escollido sempre hai un peperro. Adrián Varela non solo colocaba a xente e amañaba contratos, tamén facía algo moi típico peperro, aterrorizaba ó persoal coa perda do posto de traballo, mesmo lle pediu a unha empresa “favorecida” que despedira a muller dun sindicalista do Concello, coñecido polos empresarios como “pijolandia”, é un engolado e misoxeno, que dixo dunha compañeira do seu grupo que era unha mal follada. A CIGA teno denunciado. Paula Prado, a conseguidora, era a preferida por VENDEX pra alcaldesa i é a protexida de Feijoo, que tamén está no tomate, pero é mais escurridizo que unha anguía e utiliza os peóns de pantalla. Non solo os concelleiros do PP son os responsables da corrupción, tamén o son os que lles votaron.
0 comentarios