O ATRACO
España ten unha electricidade un 26% mais cara que a media europea; do continente é o país coa electricidade mais cara. Solo comparable a Irlanda e Chipre, ambas illas; si lle engadimos a diferenza de poder adquisitivo coa media europea, a cousa aínda é peor. A nova factura da luz, posiblemente deseña polas eléctricas é tan opaca como as anteriores, podendo ter a electricidade, no mesmo día, mil cincocentos prezos diferentes, o que garantira á eléctricas a imposibilidade de que nade vai entendela factura. A liberalización do sector foi vendido polo goberno de Aznar como un medio pra que o prezo baixase, dende aquela non fixo mais que subir. Países estranxeiros onde operan as enerxéticas españolas xa lles pararon os pes, nunhas nacionalizando as compañías e noutros impoñéndolles fortes multas, pra que aprenderan que neses mercados non se poden comportar como en España. O sobrecusto á industria é rebaixado, desviando e recargando ó prezo nos recibos de consumo doméstico. Dese xeito pretende o goberno mante-la competividade das empresas. Ó marxe desto, os consumidores xa pagaron, sobre o realmente consumido, centos de millóns, mediante trampas de contadores e enganos diversos.. xa nos tempos do goberno de Zapatero, una iniciativa de EU pretendía que se investigara o prezo da enerxía, comisión que foi rexeitada polo PP e PSOE
0 comentarios