Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

O CHANTAXISTA

O CHANTAXISTA

 

 

  España ten a electricidade mais cara de Europa. Malia iso, o Presidente de Iberdrola, ameaza con non inverter mais en España. Houbo unha baixada de consumo, pola crise, e iso afectou a conta de resultados da empresa. O chantaxe terrorista do sr Galán debía atopar unha axeitada reposta do goberno. É hora de nacionaliza-las enerxéticas e que o sr. Galán devolva os 1.400 millóns de euros roubados ós consumidores. O Goberno subiu a tarifa fixa da luz un 18%, iso pagaremos consumamos ou non. Vai se aplicar un sistema tarifario, indescifrable e ó gusto das eléctricas. España ten unha electrizada un 26% mais cara que a media europea; do continente é o país coa electricidade mais cara. Solo comparables a Irlanda e Chipre, ambas illas; si lle engadimos a diferenza de poder adquisitivo coa media europea, a cousa aínda é peor. Noutro país o sr Galán estaría preso. 

0 comentarios