Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

O FRACASO

O FRACASO

 

O fracaso da política é alarmante; na rúa marchas da liberdade, marea branca, marea verde, etc dan  fe dun aloxamento dos políticos do sentir do pobo. Fronte o Pazo do Hórreo os pescadores do cerco protestaron contra o reparto de cotas imposto por Arias Cañete. Á domesticada Galiza deulle unha cota, que non garda relación coa súa importancia pesqueira; beneficiarios: os vascos, que   teñen un goberno autonómico que os defende. A Conselleira do mar, proponse, cal galerna de ineptitude, afundi-la flota. Supostamente recibiu a uns representantes do sector, que como non podía ser menos, tributarios do PPg, afíns ó partido. non  defendeu ó sector, apoiouse nos tributarios  pra refrenda-la política de Madrid lesiva pro sector pesqueiro galego. Non é solo culpa súa; seria inxusto atribuírlle unha  política de servilismo que dirixe Feijoo, os que os votastes sodes mais responsables. Hurra polos parlamentarios que estiveron ó carón deles, sufrindo as represións. Mais o colmo, foi que Feijoo votoulle a culpa do desaguisado da distribución da cota ó pobre Zapatero. 

0 comentarios