O REPARTO
O País Vasco, con menos flota que Galiza, acapara a maioría da cota, o que irritou ó sector, menos aquela minoría tributaria do PP, e que reparte xugosas axudas que a Xunta da ós armadores. Os mariñeiros, que son o proletariado da pesca, son marxinados. Eles piden reparto de cotas, pero o que recibiron foi un reparto de paus. Doe ver como algúns medios de comunicación se ocupan do asalto da valla, reprocha á GC o emprego de medios antidisturbios pros asaltantes da valla, pero ignoran o reparto de paus en Santiago, as brutais cargas da policía, os que piden xustiza e ós que intentaron facer de mediadores entre os pescadores e un goberno autista. Parece que as reunións coa Conselleira están abocadas ó fracaso; as dúas partes parten de un orixe de falsidades, que longo tempo practicaron. Si queren chegar a un acordo terán que empezar a examina-las causas que os trouxeron aquí; e a Conselleira si é incapaz de xestionala crise que se aparte, ou que a cesen
0 comentarios