O FIN DETIDAS
Como sempre, LA RAZON estaba no certo. Aí tedes a dúas perigosas terroristas detidas na manifestación da dignidade. Na imaxe vese claramente o perigosas que debían ser. Dúas cuitadas, sangrando como cristos, logo de recibi-las caricias dos vaqueiros. Non figurarán nos partes de lesionadas, porque fisicamente non teran posibilidade de ir a un hospital. Figuraran, por contra, moitos policías lesionados. Dar paus pode producir lesións, a quen os recibe, non a quen os da. Nos partes médicos recóllense lesións MOI LEVES, afortunadamente, de policías; o que evidencia unha estratexia perversa.
0 comentarios