Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

PROS ESCÉPTICOS

PROS ESCÉPTICOS

 

 

  No Diario PUBLICO, do día 15, ven un artigo sobre o bispo de Málaga, de Jesús Catalá. comparou o bispo o matrimonio homosexual coa unión entre un home e un can, Doutra cousa non, pero de unións contra natura, os bispos católicos saben o que non está escrito. Por suposto é natural que unha pomba se folle a unha virxe, poñendo os cornos ó marido Resulta curioso este infatigable afán pola reprodución xenital duns homínidos que decidiron eles mesmos non se reproducir. Algo que, por outra parte, a sociedade nunca lles agradecerá bastante Para pedir respecto primeiro hai que practicalo e esta xente leva vinte séculos  queimando herexes, desmembrando bruxas, prohibindo libros, cagarse na medicina e impedir estudos científicos. Podemos darnos cun canto nos dentes se ultimamente só se dedican a tocar os narices e a non pagar impostos. A igrexa, a oficial, non a dos pobres, segue servindo ós ricos e os ricos esfolando os pobres nunha formidable exaltación de hipocrisía.  

0 comentarios