CAMBIO DE TENDENCIA
Hai que vota-la culpa a herdade recibida, di o goberno. Pero pasa a metade da lexislatura sen que as cousas melloren, antes ben, empeoran sen que se albisque unha melloría. Pra darnos esperanzas, fálasenos, especialmente Botín, do marabillados que están fora pola boa marcha da nosa economía. Botín non é de fora, creo , pero el, como nade, ve a boa marcha da economía pro seu negocio. Percepción distinta da banca é a dos seis millóns de parados, os nenos mal nutridos, as familias en exclusión, as empresas en crise, etc. Presentan como éxito a melloras das exportacións, normal cun traballo en réxime de escravitude; a mellora da prima de risco, que é común á zona euro. En resumen: Rajoy non só non mellorou a situación da economía española, senón que empeorouna e destruína. O dano que lle produciu é tan grande que resultará imposible alivialo ata que pasen 70 anos. Non podemos asistir como espectadores impasibles, limitándose só a esperar que vaia escampando. É preciso un cambio radical da política, que os electores teñen que propiciar.
0 comentarios