PORNO DURO
As declaracións dun banqueiro de que a banca non é negocio, de que non se gaña diñeiro, çé dun porno duro. A banca costuonos 140.000 millóns de euros. Este ano gañaropn, sen contar as provisións pra reservas 7.500 millóns de euros. Pro vindeiro ano, solo o Santander te previsto gañar 13.000 millóns, certo que parte fora de España. Pero no medio da pobreza na que vivimos, non deixa de escandalizar. A Oriol, dos empresarios, fai unhas declaracións dicindo, entre outras burradas, que os obreiros que contratan as empresas son uns incompetentes pra iso están os cursos, que cobran e non dan, e que eses, si son malos. Si contratan a incompetentes , nun país onde hai seis millóns de persoas buscando emprego hai moito onde escoller, o problema é dos empresarios que non saben seleccionar. As empresas non son ningunha ONG, se fan algo é por que lles interesa. Nos primeiros anos do franquismo 400.000 prisioneiros de guerra traballaron de escravos de diversas empresas. A Oriol vota de menos eses métodos. A empresaria esta, sempre traballando pro Goberno, forrouse coa seguridade no País Vasco. Acabado o negocio de ETA, agora empeza coa seguridade nas cárceres. Na catástrofe do Madrid-Arena, ela tiña contratada a seguridade. A este paso pronto a veremos de interna. O menú dos Deputados: entrante, pescado,carne, bebida, postres varios, café e copa 3,50. Menú nun colexio, prato único, un vaso de auga e unha froita, mais ben cativa, 7,50 euros
0 comentarios