Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

ESMORECENDO

ESMORECENDO

 

  Hai que valorar e admitir a labor titánica  de un grupo de persoas, empeñadas en manter aceso o candil da cultura galega. A loita que libran contra os que partindo dunha falsa liberdade amenazan a nosa lingua,  esas bestas que veñen cabalgando da escuridade e están cavando as fosas nas que pretenden enterra-lo idioma galego. Os xenerosos que empregan as súas enerxías en manter viva a chama da lingua, sen utilizar outras armas que a palabra, son calificados de violentos, polos que usan o poder do goberno, dos medios de comunicación e canto organismo lles sirva ós seus diavólicos plans, e usando cartos e recursos nosos en contra nosa. Esta xente laiase que a defensa do idioma sexa pacífica, eles querían que houbera algo de violencia pra que xustificara a entrada na contenda do Ministro do Interior, que de momento se limita ás comisarías e o exterior de Galicia, con contundencia, por certo. É que dende o seu punto de vista somos unha anomalía. Creo, vendo como van as cousas,  en cuestión de 50 anos acabaran co que os ignorantes chaman anomalía, pero a loita dos soldados da luz, ó mellor conseguen alonga-lo período da primavera.

0 comentarios