BAGOAS
Rajoy, non chorou como fixera Boadil. Nosoutros si choramos, de oírlle dicir que o goberno sabe o que fai. Si, o goberno sabe o que fai, é certo, con premeditación está arruinando o país, aínda que penso que cando un Presidente do Goberno ten que utilizar ese argumento é que realmente está navegando a cegas e non ten idea do que debe facer. Pide que teñan fe no Goberno. O FMI a OCDE, en moitos casos, coas instrucións previas do goberno, gaban as reformas e piden mais miseria, non mais austeridade.
0 comentarios