Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

O ALCALDE DIKXITAL

 

  Santiago xa ten novo alcalde, o terceiro da lexislatura. Malia ser un alcalde dixital, escollido, se supón, pra limpa-la imaxe de corrupción que o PP deixou en Santiago, te un escuro pasado, cunha habilidade demostrada pra nadar nas riadas xudiciais. Catro cargos da Dirección da Consellería de Infraestruturas da Xunta, están imputados no caso Campeón por suposto tráfico de influencias na tramitación irregular de contratos en favor das empresas da trama de Jorge Dorribo. Os investigadores gravaron unha chamada dun funcionario deste departamento a Carlos Monjero, man dereita de Dorribo e responsable da firma de estudos técnicos Proitec, na que o traballador da Xunta daba instrucións ó empresario pra amaña-la adxudicación do proxecto de mellora da estrada que une Cerdedo e Campolameiro (PO-230). "É en relación a un tema que teño por escrito da directora  Ethel Vázquez, agora Conselleira, dun proxecto que tedes que realizar vós no concello de Campolameiro", podíase oír na gravación. Cando os axentes acudiron ás oficinas da Xunta a pedir o expediente, foron informados pola directora de Infraestruturas, Ethel Vázquez Mourelle, tamén imputada na causa, de que non existía. Pra desgracia dos catro cargos de Infraestruturas implicados no caso, as xestións para amañar aquel contrato deixaron máis rastro á parte da conversación teléfonica interceptada polos investigadores. No rexistro da sede de Proitec, os axentes de Vixilancia Aduaneira da Axencia Tributaria conseguiron a proba de que o encargo a dedo do proxecto da PO-230 a unha empresa da trama non eran imaxinacións súas. Alí encontraron un documento con cabeceira da Xunta no que o entón subdirector xeral de Estradas, o tamén imputado Luis Miguel Muñoz Bretos, co visto e prace do seu superior, Ethel Vázquez, solicitaba ofertas para a obra a Proitec e a outras dúas firmas que, como lle insinuaran dende a Xunta a Monjero na picada telefónica, tiñan relación tamén coa trama e, polo tanto, presentarían propostas o suficientemente malas para ser descartadas. Isto explica, tamén, a imputación do Ministro socialista Blanco, por Dorribo. Utilizado  por...., logo dunha longa entrevista no despacho de Feijoo, entre Feijoo e Dorribo

 

0 comentarios