o mensaxeiro morto
Logo de que afundiran as Caixa galegas, logo de que foran reflotadas con diñeiro público; por fin foi regalada a Capriles, dunha coñecida familia ultra de Venezuela. A presentación en sociedade de ABANCA, que xurde das cinzas das caixas galegas, fíxose ante o mais granado da sociedade político-económica galega, con especial presenza da dereita e notables ausencias do nacionalismo. Na mediática presentación prodigáronse en promesas que solo será iso, promesas. Hai que ter clara unha cousa, o negocio do diñeiro é sempre o mesmo, sexa quen sexa o empresario. O regalo está feito e os beneficiarios xa están listos pra comer. Todo foi bo bonito e moi barato. Fundir un banco, rescatalo con diñeiro público e regalala a un amigo que nos pagará o favor. Os "salvapatrias" venden o pais ós estranxeiros. As caixas morreron de man de politicos e mangantes varios. só quedan voraces bancos, de dubidosa españolidad(su españolismo esta en Suíza e Sicavs). Na nostalxia queda Caixa Rural Galega, pronto irán a por ela.
0 comentarios