Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

UN TRUCO

UN TRUCO

 

  Despois dos resultados das eleccións europeas, ó PP entroulle o medo, xa non  lles chega con financia-la división da oposición; extrapolando os resultados das últimas eleccións, perdería numerosas alcaldías, pra que iso non ocorra, teñen que adapta-la lei electoral os seus intereses. O PP busca asegurarse o maior número de alcaldías por medo ós pactos da esquerda. Numerosos dirixentes do PP saíron este mércores en defensa da proposta do presidente do Goberno, Mariano Rajoy, de reformar a lei electoral.  Normal, saben que como a situación siga igual, a maioría de alcaldes e concelleiros do PP se van ir ó PParo. A nova lei creará curiosos efectos. O que di inimigo, Bildo, sacaría a metade de alcaldías no País Vasco, co sistema que se lle ocorreu o PP. O novo sistema proposto polo PP ten como eiva principal que é un recurso que te como único obxecto conservar alcaldías, ademais ten como perversión a copia de outros sistemas que hai noutros países, pra solucionar un caso concreto, en modo algún está copiando sistemas electorais, senón collendo aquela parte deles que lles pode beneficiar.

 

0 comentarios