BO CORRICULUM
O Ministro de Guindos pretende ser presidente do Eurogrupo. Ten bo curriculum, por onde pasou deixou un rastro semellante a un furacán. Curioso que canto mais o pasado o asolaga na merda, mais se crece, e incha o peito coa devolución anticipada de 1.800 millóns de euros do rescate bancario, que o PP segue negando, e coa desastrosa reforma fiscal. O rescate tiña un montante de cen mil millóns de euros, que solo se chegaron a utilizar unha parte, pero aínda así, se se sigue a ese ritmo de amortización tardaríase 30 anos en amortiza-lo recate. Como non temos ese tempo, os vindeiros anos van a ser moi duros, pero o PP confía en perdelas vindeiras eleccións e que sexan outros os que paguen o rescate a uns bancos que arruinaron o país.
0 comentarios