Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

NADA QUE CELEBRAR

NADA QUE CELEBRAR

 As asociacións de vítimas do accidente de ANGROIS, din de Feijoo: "se verdadeiramente tivese un mínimo interese e preocupación polas vítimas e as súas familias o que faría sería axudarnos a saber a verdade e a buscar todos os responsables políticos da traxedia, aínda que sexan do seu partido", para que "paguen pola súa irresponsabilidade, e preguntan: ¿Tomou vostede algunha iniciativa para que saiba a verdade?  ¿Leuse vostede os informes periciais independentes, que obran na causa xudicial, gran parte de cuxo contido se publicou nos medios de comunicación, sobre os incumprimentos constantes da normativa ferroviaria por parte de Adif, Renfe e o Ministerio de Fomento? ¿Sabe vostede que houbo un aviso por parte do Xefe de Maquinistas advertindo da perigosidade da curva, ao que non fixeron caso nin Adif, nin Renfe, nin o Ministerio de Fomento baixo a dirección do seu partido? ¿Sabe vostede que todos eses informes técnicos din que o accidente se podía ter evitado se se tivese contado coas medidas de seguridade propias da Alta Velocidade? vostede que o día 25 de xaneiro o Goberno de España tivo que publicar no BOE un Real Decreto Lei para aprobar a creación dunha Axencia de Seguridade Ferroviaria, que xa estaba creada (sen funcionamento) dende o ano 2006, para intentar parar un expediente que a Unión Europea iniciou contra o Estado Español por non cumprir a normativa europea en materia ferroviaria? ¿Comparte vostede as palabras do Secretario de Estado do Ministerio de Fomento, Sr. Catalá, sobre non falar mal da Alta Velocidade española para non "estragar" os negocios das empresas españolas? inceramente, nós non podemos crer que vostede non coñeza todos estes datos e seguramente moitos máis, porque soamente hai que facer o esforzo de escoitar, ler e pensar, sen intentar facer propaganda. vostede que o día 25 de xaneiro o Goberno de España tivo que publicar no BOE un Real Decreto Lei para aprobar a creación dunha Axencia de Seguridade Ferroviaria, que xa estaba creada (sen funcionamento) dende o ano 2006, para intentar parar un expediente que a Unión Europea iniciou contra o Estado Español por non cumprir a normativa europea en materia ferroviaria? ¿Comparte vostede as palabras do Secretario de Estado do Ministerio de Fomento, Sr. Catalá, sobre non falar mal da Alta Velocidade española para non "estragar" os negocios das empresas españolas?. Sinceramente, nós non podemos crer que vostede non coñeza todos estes datos e seguramente moitos máis, porque soamente hai que facer o esforzo de escoitar, ler e pensar, sen intentar facer propaganda.

0 comentarios