Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

SON CONTUMACES

SON CONTUMACES

  

  Algúns datos son contumaces e empéñanse en contradicir a bonanza e a recuperación que predica o goberno. É incuestionable que a pobreza seguiu aumentando a ritmo vertixinoso, sobretodo nas grandes cidades. A inseguridade cidadán é percibida pola poboación, e medran os lugares e as horas en que nade se atreve a andar. O paro sigue indomable; non se pode falar de ocupado a unha persoa por traballar un día á semana, que chegaron a 837.000 persoas que traballaron un solo día á semana, nin o subemprego. Con  todo, o punto mais negro está na recadación. Os retoques nos impostos pra favorecer ós mais ricos e lo nulo control sobre as evasións fiscais propicia un desequilibrio orzamentario, cunha alarmante baixa de ingresos, que non é compensada polos brutais recortes nos gastos sociais. O IRPF, pese a súa modificación a baixa, especialmente pros que mais gañan e a mingua do recadado por este concepto, non é importante n o conxunto das contas públicas, solo é importante pra propaganda do goberno de baixada de impostos. É na partida de imposto de sociedades onde mais se nota a caída de ingresos. De unha parte, á baixada do tipo sumase a da desminución da actividade económica; distinta según a empresa produza pra exportación, ou servizos esenciais, que non notan unha baixada n a actividade, o cadro complétase cunhas bonificacións fiscais inxustificadas e unha evasión fiscal xeneralizada. O único que mantén o sistema a o IVE, que incrementa a recadación, pero e manifestamente inxusto, porque recae sobre o consumo, sen  ter en conta a capacidade de gasto.

 

 

 

0 comentarios