Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

GALIZA MARTIR

 

  Galiza, por destino, vive permanentemente no martirio. Por un lado uns din querela tanto, que a agochan e non a deixan respirar, por outro están os que a ven como unha finca pra colleitar votos e logo esquecela. Galiza é unha amante desgraciada a que, dalgún xeito utilizan, sen que a deixen respirar e ser libre. Como cada ano, o 17 de agosto celébrase o día de Galiza mártir, conmemorando o asasinato de Alexandre Bóveda. Nesta última homenaxe presentárono como un gran ideólogo. O ideólogos eran outros. Il, dende o seu amor indudable a Galiza, era o home práctico do partido, pegados ós feitos. Á marxe do que represente pra cada quen, Alexandre Bóveda era un home sen tacha, traballador e honrado, por iso costa tanto comprender o seu asasinato. Os co mataron, biles asasinos, son a peor cara da raza humana, que perviven disfrazados no día de hoxe entre nos.                                                                    

 

 

0 comentarios