Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

POBRE PAÍS. POBRES NOS

POBRE PAÍS. POBRES NOS

  No centro da fariña, Rajoy deuse un baño de aduladores. Os peperros do país adularon ó seu líder. Rajoy, cun autismo penoso e alleo ás datos de deflación, que reflicten a debilidade da capacidade adquisitiva no país. Pintou unha España convertida en locomotora da zona euro, cun crecemento no semestre dun 0,6 %. Concentrado en empresas e especuladores, segue crecendo a miseria e o subemprego. Pero o dato do día ofreceuno o Banco de España ó confirmar que a débeda pública superou por primeira vez o billón de euros ó alcanzar 1.007.319 millóns en xuño e xa está no 98,4% do PIB. Á marxe do rescate bancario, nade sabe onde meteron os cartos. Mais importante que o volumen de débeda é o montante, é decir, a velocidad de crecimiento da misma. Todo a pesar dos recortes, sendo preocupante que o encebadamiento continúe coa ocurrencia de baixar impostos as rendas mais altas. Inexplicables despois de que Rajoy fixera campaña do equilibrio orzamentario. No mirador de Montelobeira Rajoy pintou unha España do telexornal, distinta da España real. 

 

0 comentarios