DINAMITAR
Iso é o que pretende o PP, dinamitar o sistema electoral e adecualo os seus intereses co obxecto de manterse no poder, alí onde lle é posible, Trátase dun ataque á democracia. Estes señores da gaivota desenpolvan as súas camisas azuis. Solo espero que os demócratas saibamos mobilizarnos dende xa, e que se formen coalicións preelectorais, aínda que isto no se fai da noite pra mañá, e iso sábeno no PP. Como saben que nunca obterá unha maioría relativa no País Vasco, ou en Cataluña, de aí que non lle importe entregarlle o poder a grupos como Bildu ou Esquerra, grupos ós que demonizou tradicionalmente, así como ós partidos que formaron coalicións con eles, como foi o caso do BNG. Isto é o que acredita que o PP non lle importa o ESTADO, senón o poder. O legal non ten por que ser demócrata, Hitler foi un exemplo. O PP pretende esmagar calquera gromo de liberdade que sexa un obstáculo no seu camiño a alcanza-lo poder, non lle importa o xeito de facelo. Pero non é esta a única lei retrógada, pola vía do RD, modificou centos de leis que sacaron a España da Idade Media. Entre as cen primeiras prioridades dos cidadáns non está o sistema electoral. Isto solo é unha prioridade pro PP, porque unha proxección das europeas deixaríalle, seguras, solo as alcaldías de Ceuta e Melilla e os xenerosos donantes do PP sentirían que tiran os cartos. Un 30% non se pode converter nun 51%, sería un golpe de estado á democracia e ningún partido pode prestarse a ser cómplice de semellante disparate
0 comentarios