CANDO UN AMIG@ SE VAI
Cando un amig@ se vai, algo de nosoutros se vai con el, ou con ela. O baldeiro é cada vez mais grande a medida que o tempo e a distancia se fan mais presentes, e ese baldeiro nada o poderá encher. Tódolos camiños teñen o seu remate; por calquera que collamos somos xente de paso, polo que é inútil pensar que algo é pra sempre. Solo xeito de face-lo camiño e de remata-lo é importante. Non sentas magoa polo que deixas atrás, porque o interesante irá contigo onde queira que os fados do destino te leven, o demais alédate de perdelo, tarde ou cedo tiña que ser, e aínda que nun principio sexa doloroso, pensa que calquera cousa será mellor
0 comentarios