SEN VIOLENCIA
Sempre, ó longo d historia, agás o caso de Gandi, as revolucións sempre se fixeron con violencia. O que non alcanzo a comprender é que perseguen os que xeneran violencia; o asunto non é tan simple. Fai un ano, nun pleno do Concello de Baralla, tratábase de condenar calquera xeito de violencia, o alcalde opúxose a que se condenaran os fusilamentos da rebelión do 36, engadindo, que eran fusilamentos merecidos; á saída do pleno, o alcalde saudou, brazo en alto, ó modo fascista. Por mais que pediron co PP desautorizara ó alcalde, non o fixo. non sei se de aquelas augas veñen estes lodos, pero aquel acto, como este, tamén é merecentes da mais rotunda condena. Estaba previsto un acto de repulsa pola actitude reiterada de comportarse do alcalde, que se suspendeu a raíz do atentado. Nade pode acusar ó alcalde de ser o autor material, ou intelectual do atentado, do mesmo xeito, foi temeraria a actitude do PP de culpar a todo o nacionalismo e á esquerda. Deixar que a policía investigue sen presións interesadas. Incluso pode haber sorpresas
0 comentarios