Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

UN BALÓN DE OSÍXENO

UN BALÓN DE OSÍXENO

 

O caso da enfermeira contaxiada en Estados Unidos puxo de manifesto varias diferenzas co modo en que se manexou a situación en España

A posible contaxiada,  chama o hospital a noite do venres avisando de que ten "febre baixa". Dende esa chamada ata que é ingresada nunha unidade de illamento pasan 90 minutos.

A información sobre os días previos ao ingreso de Teresa Romero no hospital Carlos III segue sendo escasa e confusa. Sábese que o día 30 chamou ao servizo de prevención de riscos laborais do seu hospital. Tiña unhas décimas de febre. O protocolo establecía que un caso é sospeitoso se a febre supera os 38,6 graos. Ninguén lle dixo que fose ao Carlos III nin que quedase en casa. Según distintos relatos, o servizo de prevención volve falar con ela o día 2. Non acontece nada. Na madrugada do día 6 chama o 112, ten menos de 38,6 graos de febre, co que tampouco se activa o protocolo. Unha ambulancia trasládaa ao hospital de Alcorcón.

Tras coñecerse que os resultados preliminares dan positivo en ébola, esa mesma noite, un equipo especializado procede a descontaminar todos os espazos utilizados pola enfermeira. Tárdanse días en desinfectar a bloque onde vive Teresa ou persoal que a atendeu ingresa voluntariamente no Carlos III pra ser controlados

E USA o Estado enviou 90 efectivos pra axudar, e esa mesma noite foron porta por porta cos que tiveran contacto coa doente, en España enteráronse pola prensa e logo fíxoselles un enquerito  telefónico

A doente americana tiña unha mascota que sigue viva, a mascota de Teresa foi eliminada. En América informóuse á prensa; en España durante días circularon os bolos e as noticias falsas, dadas por medios de comunicación achegados ó PP.

0 comentarios