OS PERSONALISMOS
Leva encima a maldición da eterna e continua división. ANOVA non ten un proxecto de país, crible. Naceu co pecado orixinal da contradición, e iso sempre será a súa sombra. Beiras, como nacionalista, a menos que deixara de selo, non pode intentar mesturar a auga e o aceite. Non liga o nacionalismo co proxecto de unha Esquerda Unida, que sempre foi centralista, españolista e antinacionalista. Véxase o caso da Deputada Lidia Senra que non lle permiten que use o galego no Parlamento Europeo. Esquerda Unida precisaba aflorar en Galiza, onde non tocaba pelo; de aí que vira o ceo aberto cun Beiras, un home carismático e de gran proxección mediática, que levou a bandeira do nacionalismo nunha longa e solitaria travesía. Pero que gañou Beiras co invento de ANOVA : Nada, darlle oxíxeno a Feijoo e r subirse ó carro de Esquerda Unida pra ter presenza mais aló de Pedrafita,. É o abrazo do oso. No congreso quedou clara a intolerancia coa discrepancia, e solo pra cubri-la cota se deu entrada na dirección a tres mulleres do sector crítico. ANOVA é Beiras e seguira a sorte que siga Beiras. No envite a quen mais lle vai é, curiosamente, a Feijoo, sen ANOVA perdería as eleccións. Ese é o que Beiras deixará pra historia.
0 comentarios