Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

OS CONSEGUIDORES

OS CONSEGUIDORES

 

O empresario coruñés,  Crespo, e unha tupida trama, eran como unha especie de conseguidores que xestionaban subvencións, concursos, ou calquera asunto que dependera da Xunta. A súa especialidade eran os cursos de formación. Dun xeito similar ó de Andalucía, certificaban a impartición de cursos fantasma, pra embolsarse os cartos. Pero a súa actividade ía mais aló dos cursos, tamén facían contratos de traballo de un día, ou dous, co cal contribuía a maquillar as cifras do paro da Xunta. A colaboración  coa Conselleira da ramo era tan estreita, que mesmo lle conseguiu que a nomearan coruñesa do ano. O PP votou Tanto  lume como puido os cursos de formación da Xunta de Andalucía, e eles en Galicia aínda os superaban. Conclusión: PP e PSOE son parte dun mesmo problema, a corrupción. Claro coa sola diferenza de que aquí non actúa a xuíz Alaya. Xornal de Galicia  xa destapara a trama, e a investigación comezou no 2.011, pero solo cando se achegou as investigación os Altos Cargos, o PP presentou denuncia na fiscalía. Como no Gürtel o único que  pretenden é ser parte no proceso pra  entearse do que saben.  O Alcalde da Coruña, e algún achegado mais a Feijoo podían estar no allo, Pachi Lucas  é un dos mellores amigos personales de Alberto Núñez Feijoo, feito que achegaría o escándalo á presidencia mesma da Xunta malia que o titular do Goberno galego quixo rebotar toda responsabilidade no alcalde da Coruña, que o sumario demostra que mantiña unha relación de grande confianza con Crespo. 

0 comentarios