ELES SON CULPABLES
A segunda guerra mundial varreu o fascismo de Europa, menos de España. Franco non solo non foi molestado, senón que recibiu o apoio total dos países democráticos. A razón fundamental é que EEUU atopou en España un portaavións gratuito, a cambio de lle pagar como aluguer, fundamentalmente, coa chamada axuda militar, que consistía en entregar a España material obsoleto, destinado á chatarra. A longa ditadura, e o xeito de saír dela, creou unha pobo descerebrado e submiso e, paralelamente, unha casta de políticos montados a lombos dos votantes e preocupados unicamente deles mesmos. Os electores votan a un partido, a unhas siglas, independentemente de que o candidato sexa honrado. Isto acontece coa maioría dos electores. Carecen de criterio político obxectivo , e o candidato corrupto vai obtelos mesmos votos. Seguiremos.
0 comentarios