ATADOS NO PASADO
Vivimos no pasado, aínda non superamos a Guerra Civil porque simplemente se estibo machacando e ensinando unha visión da historia imposta polos vencedores dunha guerra. A corrupción funde as súas raíces nesa España en negro e non nos sacudiremos esta praga, ata que a transición se efectúe. A xustiza é lenta e selectiva, parece que o corrupto é impune. A impunidade coa que traballan é case absoluta. A xustiza é moi lenta e moi condescendente cos corruptos. Ós corruptos non se lles obriga a devolvelo roubado e as improbables penas de cadea son irrisorias. Si no seu momento Europa amparou a ditadura fascista, agora segue con tibieza a reposición da memoria histórica e acolle o erdeiro daquel réxime no seno das Institucións europeas, non porque o consideren un igual, senón porque é peón moi manexable, que nunca prateará problemas, nin reivindicacións. Pero non n os enganemos, fora de Europa fai moito frío. O que se necesita é xente respetable e sen atadras do pasado pra defendelos intereses de España
0 comentarios