O HOME QUE PREGUNTA
É desesperante, Feijoo nunca contesta o que se lle pregunta. Sempre responde con algunha pregunta, poñendo o ventilador en marcha. Non importa que a súa intervención non veña ó caso, o cal da crédito a que a súas intervencións xa as leva escritas e ensaiadas. Do que se trata é de confundir ós posibles oíntes con medias verdades e con un discurso xa preparado e estudiado, que non garda relación co guión, pero que lle permite saír do paso e incluso aparentar ser un campión. A oposición esfáchase contra dun muro e súmese nun estéril monólogo. cando non hai discurso preparado, Feijoo recorre o exceso verbal, que raia o insulto. Todo sexa por sacar das súas casullas ó interpelante.
0 comentarios