Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

NA BOA DIRECIÓN

NA BOA DIRECIÓN

 

     Feijoo presume dun magnífico futuro pra Galiza, grazas o seu goberno. Un futuro negro pros 120.000 emigrados. Pro 23%  da poboación en paro. Pros  mais de 3.000 galegos sen teito  pra ese 37% en situación de pobreza.  Galiza esta ó rabo das comunidades Autónomas que menos diñeiro dedica, por habitante, á sanidade e ensino públicos, menor gasto en investigación e servizos sociais. A Galiza que herdarán os nosos fillos, será unha Galiza esganada pola débeda, cunha sanidade pública desmantelada, cun ensino público acurralado e desprestixiado, sen axudas á dependencia. Dende que goberna Feijoo paralizáronse as transferencias de competencias, que era unha das cousas que Feijoo soia sacar na oposición. A pesar dela, o PPg seguirá, miles de ignorantes farano posible.

 

0 comentarios