XA NON HAI XEITO DE DISIMULALO
O Bipartido encheu o país de Residencias da 3 ª Idade. Feijoo fixo dous grandes lotes. Un pra Fundación San Rosendo e outro pra un fondo no que figura súa irmá como apoderada. Uns resgalos á conta dos galegos. EULEN, empresa na que súa irmá é apoderada, é unha máquina de coller contratos e subvencións da Xunta; o seu presidente, ante abundancia de cartos, que recorda o mana dos xudeus, subiuse o soldo dous millóns o ano. Ese mana non chega ós traballadores da empresa, a eles recórtaselles o soldo dun xeito significativo. Tamén unha sobriña de Romay entra no reparto de chupes e montou unha empresa, moi próspera, pra recibir contratos da Xunta.
0 comentarios