Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

NADA TEÑEN QUE XUSTIFICAR

 

  A historia de Monago pon de manifesto que o políticos creáronse areas de impunidade. A querela por malversación de fondos públicos foi arquivada,ó non dar autorización o Senado, que entende que os Senadores non  teñen que xustificar nada e poden gasta-los cartos, de tódolos españois, no que lles pete, mesmo en vicios. Non importa que os gastos non teñan relación coa actividade parlamentar. O esencial é que non teñen nada que xustificar, están por encima da lei. A desafección cidadá por este tipo de Institucións está mais que xustificada i é imprescindible  a reforma en profundidade e  supresión de moitas delas.

 

0 comentarios