Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

STOP

STOP

 

 

  As eleccións gregas van frear as tragadeiras das políticas ultraliberais, aínda que os criminais económicos non está dispostos a afroxa-la soga dos pescozos dos europeos e xa lanzaron aviso sobre a necesidade de continuar co que eles chaman as reformas, Queren que o caso grego sexa un exemplo pra Europa. Conta coa inquebrantable postura do PP español. O PP sabe que ten unha clientela electoral moi fiel e non vai en  dubidar en se-la punta de lanza da política ultra en Europa. Irlanda xa pide unha reestruturación da débeda. A que moitos califican de inmoral. Pero solo coa reestruturación da débeda non se arranxaría o problema económico, hai reformas políticas e administrativas que non poden esperar. Eliminación do Senado das Deputacións e dun terzo dos concellos i eliminación de órganos consultivos, refuxio de políticos, topan co acordo tácito de PP e PSOE 

0 comentarios