NA BOA DIRECCION
A economía española vai ben. As subas do salario mínimo é dun 0,5%, que pasa por ser un dos baixos de Europa; as pensións un 0,25%., e pra iso van a ucha Grecia, na mais subir SYRIZA ó poder subiu o salario mínimo 200 euros. España, a España do PP, agora é o único bastión, xunto con Portugal que segue a política austericida de Alemaña e o FMI. Pero este ano, como ven o período electoral, o PP baixa os impostos, iso si, porcentualmente, co cal a baixada de impostos pode supoñer un incremento de 15 a 20 euros na nómina, ou 750, depende do soldo á que se lle aplique. Os cidadáns, unha maioría, non desprezable, está moi contenta con esta baixa, mesmo pensan aforrar. A estupidez e a ignorancia son enormes. Esta baixada, insignificante pa maioría, vainos alonxar mais do cumprimento do déficit, polo que son previsibles novos recortes.
0 comentarios