Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

O PERDOA VIDAS

O PERDOA VIDAS

   Rajoy oe ben, pero non hai peor xordo co que non quere oír. O debate era como se agardaba, un diálogo entre xordos, no que cada un le un guión,  sen importa-la realidade do país. Rajoy  tiña que dar contas e os outros examinalas, pero parecía que Rajoy pintaba un país, que solo existe na súa imaxinación e encima abroncaba á oposición. Perdeu os papeis cando lle dixo que España fora rescatada, en contra do que dicía Rajoy. Notouse a fenda xeneracional. O s insultos e malos modos afloraron, nada de luvas brancas. Non se agardaba ningunha solución, pero foi patético, cun ofrecemento dunhas migallas ós posibles votantes, todo en clave electoral.

0 comentarios