Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

VECIÑOS

VECIÑOS

 

 Un economista, asesor do Ministro de Finanzas   grego, filtrou a unha revista a escenificación das reunións na EU co asunto grego. Parece que había dous bandos; uns partidarios de ser mais comprensivos co goberno grego, e unha dura, encabezada por Alemaña co apoio entuiasta de España e Portugal, que temen reveses electorais.  O goberno portugués comezou a pagar parte da súa débeda coa troika nun contexto no cal a situación do pobo é cada vez máis precaria debido ao alto desemprego e a débeda pública. A pesar da devolución anticipada de 17.000 millóns de euros por parte do estado ó Fondo Monetario Internacional (FMI), os últimos datos expostos polo Instituto Nacional de Estatística (INE) indican que Portugal retrocedeu unha década en materia de pobreza, unha de cada cinco persoas vive na miseria, o que representa dous millóns. En España, con un alto índice de paro e subemprego, xa hai 13 millóns de pobres e a débeda pública é alarmante. Os nosos problemas empezan a nacer, hai que devolve-lo rescate da banca. Temos moitas cousas en común cos nosos veciños, ademais da pobreza, os nos presidentes antepoñen os seus interereses persoais e de partido, ós do país.

0 comentarios