ANIVERSARIO DUNHA TRAXEDIA
Tres días antes do atentado do 11 M, o goberno foi alertado da inminencia dun ataque islamista en represalia pola participación na guerra de Iraq. Sorprende, que o goberno non se puxera as pilas pra evitar, na medida do posible, o atentado, senón a actitude teimada do PP en atribui-lo atentado a ETA e culpar a oposición de complicidade no atentado. Dende Nerón, ningún gobernante lanzara, a sabendas, unha mentira tan grande. Solo nos queda pensar que si naquelo, tan evidente, mentiron tanto, noutros casos toda a súa acción de comunicación foi un esperpento de mentiras. Aquela longa e insitente campaña intentando nega-la verdade acrecentou mais a dor das vítimas e a sensación de desamparo do pobo, que viu que o único importante pro PP era o engano do electorado; así fixo co espolio do patrimonio, entregando a riqueza do país os seus amigos e faiagora cunha invisible recuperación . Daquela aprendeu o PP que non se debe deixar rasquizo algún pra que descubran a verdade por algún medio de comunicación, ou profesional independente, de aí, que hoxe o contjrolen todo. Tamén como no 36, a airexa, con Rouco á cabeza, participou na campaña de engano
0 comentarios