Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

PESCANOVA

PESCANOVA

 

   O asunto PESCANOVA  non se pode dar por solucionado. Un pobo que esquece doadamente e posible que este en perigo    de comete-los mesmos erros. A alianza dos conservadores coa empresa contra o Goberno do bipartito foi escenificada en diversas ocasións e tivo un dous episodios máis senlleiros en xaneiro de 2007. Apenas seis meses despois da paralización do proxecto un Alberto Núñez Feijoo que aínda estaba a asentarse no liderado do PPdeg visitaba a sede de Pescanova en compaña do seu presidente, Manuel Fernández de Sousa. Mentres a multinacional se gababa de trasladar á localidade portuguesa de Mira o investimento "bloqueado" pola Xunta , Feijoo instaba a Emilio Pérez Touriño e Anxo Quintana a "reflexionar". "Aínda estamos a tempo de ter a primeira planta acuícola do mundo en Galicia", clamaba, mentres lamentaba que Fernández de Sousa tivese "dificultades para exercer os seus dereitos constitucionais" no país. "A ecoloxía empeza polas persoas", ilustraba. Do meso xeito, o fume e afariña non poden condicionarse pola saúde. Galiza podía ser un paraíso do esquí, con pistas o carón do mar. Neve non vai faltar.

 

   

0 comentarios