Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

SANTIFICADOS

SANTIFICADOS

 

 

 Os concelleiros do PP  de Santiago condenados por un delito de prevaricación foron absoltos polo TSXG. Resulta difícil de entender que os mesmos motivos, causa e feitos sexan valorados de formas distintas por distintas instancias xudiciais, si non resulta suficientemente motivada e librada de toda sospeita. A ilegalidade resulta incuestionable que se cometeu. Si o acordo da Corporación se tomou en base a un informe técnico, pero ese informe era manifestamete ilegal, tanto polo seu contido, como polo feito de que o órgano emisor do acordo foi  declarado ilegal e cesado, sendo nulos os actos ditados por ese Órgano ilegal. Tanto o posto de Secretario como de Interventor foran nomeados dun xeito non claro, coa posible intención de que foran propicios  os seus informes  ó oberno, isto sería suficiente para que a sentenza fora moi cautelosa e irreprochable, pero parece que non foi así e  a sospeita é inevitable. Como di Beiras, con ironía,  “A ver se entendemos. Eran conscientes de que aprobaban destinar fondos públicos á defensa dun acusado de corrupción, pero como non sabían que iso podía ser prevaricación, pois nada.” Nade resulta culpable, quizá foi cousa da oposición. Feijoo, en lugar de sacar peito e esixir rectificacións mellor estaría calado                                                                                                 

0 comentarios