Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

QUÉ É DAS ESMOLAS

QUÉ É DAS ESMOLAS

  

 Na praza do Obradoiro amorease unha abigarrada multitude; uns que chegan a ela despois de percorrer centos de quilómetros. Son os parte dos miles de peregrinos que acoden a Compostela atraídos pola  catedral que exerceu de imán da cristiandade durante séculos. Outros son turistas que visitan Galiza e non se querer perder contemplar ese templo máxico. Cál será a impresión que queda nos recordos dos miles de visitantes; con toda seguridade a dun edificio abandonado, coa fachada sucia, coas vidreiras sen vidros, cos forxados enferruxados. Todo un paisaxe deplorable, que reflexa o abandono e desleixo de mantidos cregos, que non administran  debidamente as esmolas que deixan os crentes, pra manter presentable a galiña dos ovos de ouro

 

     

0 comentarios