Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

GOBERNO POR CAPRICHO

GOBERNO POR CAPRICHO

 

   Feijoo non goberna pro intres do pais, senón pro dos seus amigos e pra satisfacelos seus caprichos. As plantas acuícolas de Touriñán  500 postos de traballo prometidos. foron paralizadas polo goberno de Touriño, despois reactivadas por Feijóo como presidente e finalmente declaradas ilegais polo Supremo precisamente por incumprir os requisitos medioambientais necesarios. A secuencia de feitos demostra, dixo, que “foron ilegais a elaboración do plan por parte de Fraga como a decisión de Feijóo de reactivalo, e foi legal a decisión de Touriño de paralizalo por estar feito sen avaliación de impacto medioambiental”. A “broma”, dixo, supuxo o pago de 690.000 euros a Acuinor –propiedade do curmán de Álvarez Cascos- pola planta de Rinlo e 1,1 millóns á filial de Pescanova Insuíña pola de Touriñán. Caamaño lembrou que polo camiño o propio Feijóo paralizou as plantas acuícolas proxectadas en Muxía, Malpica e Camariñas polo goberno presidido polo PSdeG, que si eran legais, deixando á Costa da Morte sen Plan Acuícola. Ó fin tampouco lle pasa factura, por alí hai moitos caciques e os votantes faran o que lles digan 

 

0 comentarios