Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

O HOME DO PLASMA

O HOME DO PLASMA

  Hai dos xeitos de arranxar ós problemas: resolvelos, o que implica adoptar unha decisión, ou deixar que se resolvan polo paso do  tempo. Rajoy procura que sexa o tempo o que resolva os problemas, nembargantes hai cousas que  malia a súa indolencia son consecuencia directa dos seu actos: nomeou a Bárcenas, mantívoo no seu posto, protexeuno, deulle ánimos, aínda que agora simule non o coñecer e protexeuno fronte á xustiza permitindo que o seu partido non colaborase coa xustiza  e ata destruíse probas. Fixo nomear ó seu amigo Rato presidente de Caixa Madrid, onde este paxaro rematou o traballo de saqueo que xa comezara Blesa, designado polo seu predecesor Aznar, tamén beneficiado dos sobresoldos. Mantivo no seu posto a María Dolores  Cospedal, igualmente agraciada con suculentos sobresoldos da caixa B e sobre quen recae todo tipo de sospeitas de comportamentos irregulares e a certeza de ter cobrado 200.000 € dunha mordida recoñecida por ela mesma, e que agora se volatilizaron, nun contrato do axuntamento de Toledo. Nomeo a escandalosa cifra de 273 asesores,. Etc.

0 comentarios