CULPABLES
Despois de atribuírlle a Rajoy a devale electoral, cousa que molestou moito en Madrid, porque Galiza foi a autonomía que mais se fundiu, Feijoo recolle velas, e culpa a cen mil galegos mortos a perda de votos do PPg. No interior debeu ser onde menos xente morreu, pois é nas provincias de Lugo e Ourense onde mellor resiste o PPg. Dende logo non é porque sexan zonas pobres e atrasadas, favorecidas cunha prima electoral. Con todo Feijoo propúxose recupera-los votos e empezou a dar mitiines nos cementerios.
0 comentarios