Parecía seguro que o PSOE presidiría a Deputación de Lugo, pero un Tamayazo, como no seu tempo en Madrid, deulle a Presidencia da Deputación ó PP. O autor dos feitos, o alcalde socialista de Becerreá, que como os maltratadores, considerouse no dereito a dispoñer de ela, e xa que non era pra si, tampouco sería pro seu deputado provincial. Non sei da relación entre ambos e si iso foi a orixe do compañeiro da Pontenova. Iso, ó menos é o que parece. O alcalde Becerreá é natural de Baralla, gobernada polo famoso alcalde do PP e asunto, ou foi o exceso de ego. Calquera que sexa o motivo, hai que recordar que ós Deputados Provinciais noméaos ó partido, e a el deben o cargo. Non hai que escudarse en leas pra xustificar unha traizón
0 comentarios