Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

SIN UN TIRO

  Nunca Bruxelas contemplou seriamente unha negociación con Grecia, sempre se reduciron as condicións da axuda a unha relación de esixencias impostas por Alemaña. Estamos asistindo a imposición do IV Reich. O problema non é de Grecia, nin onde foi a parar o diñeiro dos dous rescates anteriores, que os partidos irmáns do PP e do PSOE saberán o que fixeron con eles, o problema de Europa é Alemaña.  A chanceler alemán Ángela Merkel nun acto organizado por Deutsche Bank en Berlín,   sede dos ’xefes’ da Fürheresa deixou ver nunhas declaracións, que se dispón a consumar a ocupación definitiva de Europa por Alemaña, por terceira vez na historia, nesta ocasión sen disparar un só tiro, pero con tanto ou máis sufrimento para os pobos ocupados que nas anteriores ocasións e, dende logo, con moitas menos esperanzas, porque os países sometidos ven como os seus dirixentes son colaboracionistas co IV Reich. 

0 comentarios