MAUSOLEOS
Despois de que sexa unánime o recoñecemento de que o Gaias é inviable, urxe tomar a decisión mais unánime posible sobre o fin do proxecto. Seguir coa construción do que falta do proxecto sería un desatino, pero tamén o é o mantemento do construído. Así que non é baladí buscar unha nova finalidade. Dende crear un centro de investigación, reconvertelo nun hospital especialiado, construí-la sede dos servizos centrais da Xunta, abandonando as obsoletas instalacións de San Caetano, ou tamén, como propuxeron en tono burlón: Así que, para reciclar tanta miseria, hai dúas solucións. A primeira, converter o Gaiás nun parque temático do botafumeiro, para que as masas de turistas-peregrinos poidan velo sen entrar na cidade, gañar un simulacro de xubileu e escapar como foguetes cara ás Rías Baixas, deixando en paz a santa catedral. E a segunda consistir en trasladar alí a Facultade de Ciencias Políticas, para que os alumnos aprendan in situ o que non é política e xamais se debe facer. Tamén podería ser unha experiencia obrigada para que as xeracións futuras de galegos aprendan o caros e inútiles que resultan os políticos milagreiros. Pero para este uso, supoño, non haberá consenso.
0 comentarios