Por qué saen os tractores á rúa. A resposta mais sinxela é por culpa dos prezos do de leite. Neste país dun millón de vacas as cousas son mais complexas. Dicía Feijoo, cando o prezo do leite se pagaba por riba do custo de produción e el estaba na oposición que o bipartito non apoiaba ós gandeiros, agora que está por debaixo do custo de produción, nin lle preocupa. Pra mais agravio e incomprensión, noutros lugares de España, pagan o leite 7 cms mais o litro. En Francia hai un prezo ,mínimo. En España o PP alega que non se pode establecer un prezo mínimo, que a UE non permite alterar a libre competencia. Claro o CARTEL da industria parece que non o ve. O PP favorece á industria fronte os produtores. Feijoo intenta contentar ós produtores mais influentes do sector mediante subvencións pra que controlen o resto. Con esta política centos de explotacións gandeiras pechara; pero que lle pode importar a un Feijoo que fundiu a industria, o naval, a pesca e os servizos, Galiza téñena por unha letrina
0 comentarios